Como ben saberedes (e senón, aquí volo lembro) o vindeiro 16 de novembro,
GALPon está de aniversario maior, facemos xa 20 anos.
Teremos que actualizalo nestes días, pero podedes ver o resumo dos 15
primeiros anos:
https://wiki.galpon.org/Resumo_dos_primeiros_15_anos_da_nosa_historia
Para celebralo imos organizar un xantar ou unha cea e xa que este ano
coincide en mércores, temos que escoller entre facelo o fin de semana
anterior ou o posterior. Para poñernos de acordo preparei unha enquisa en
«Framadate».
https://framadate.org/5SmXZVzHoEOXzXIW
Para poder asistir non é preciso que sexades socios de GALPon nin que
esteades ao tanto no pago das cotas. Abonda con que queiras acompañarnos.
Incluso, se queres vir coa parella ou con fillos (ao xantar só, obviamente)
tampouco haberá inconveniente (para iso están os comentarios ao voto, onde
podes indicalo).
Como xa é costume, o importe será ao estilo Ribadeo (onde cada quen paga o
seu). Agradézovos que respondades o antes posíbel (pensade que poderedes
editar o voso voto) para ir organizando a leria toda.
Se facemos un xantar, será cousa dun cocido, se facemos unha cea buscaremos
unha alternativa máis lixeira.
Indicar que a directiva prefire un xantar cun cocidiño para así poder ter a
tarde para parolar, e se se tercia, dar un longo paseo coma no xantar do XV
aniversario.
O vindeiro sábado celebraranse as xornadas libres de Mugardos, da man dos
nosos amigos de O Zulo.
https://www.comunidadeozulo.org/xornadas/2022
Algúns seguro que imos, uns de relatores e outros a dar a vara polo medio
:-)
En consecuencia, aprazamos a xuntanza mensual para o seguinte sábado. Así
poderedes vir ata Mugardos :-).
Agardámosvos alí.
(nota hai algunha praza de coche dispoñíbel)