Se alguén non pode asistir ás asembleas e quere delegar o voto, déixovos un
borrador da delegación de voto.
Esta delegación de voto teredes que gardala como PDF e asinala con
Autofirma (empregando como certificado o da FNMT ou o DNIe).
Unha vez asinado, enviade o ficheiro resultante *.signed.pdf (lembrade que
é preferíbel facer a sinatura visíbel) a: secretario(a)galpon.org
Miguel Angel Bouzada Fernández, Presidente do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, conforme ao Artigo 25 dos Estatutos desta Asociación, convoco a
todos os socios a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o sábado 7 de marzo
de 2020, as 18:30 horas en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda
convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2017
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2018
Así mesmo, convoco na mesma data sábado 7 de marzo de 2019, a Asemblea
Xeral Extraordinaria as 19:30 en primeira convocatoria e as 20:00 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por impago de cotas.
As Asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, na cafetería
«Carballo 3» das Travesas, 36210 Vigo.
Podedes ver o mapa en:
https://www.galpon.org/content/volven-xuntanzas-mensuais-de-galpon
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito
a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a
cota é por anos naturais).