Ola.
O vindeiro sábado 27 estarei na FLISoL na Coruña cun relatorio práctico
sobre o emprego da PicarOS.
É un bo momnto para que avisedes a xente que coñecedes interesada, para que
se achegue or alí.
Gracias
https://flisol2019acoruna.wordpress.com/charlas-talleres/
Ola a todos.
O próximo sábado 27 corresponde a xuntanza mensual, mais por mor da
ausencia de varias persoas (dous da directiva) queda cancelada, co que
volveremos vernos o sábado 25 de maio.
Un saúdo
O Presi
Antes de nada, entendede este correo como una iniciativa persoal, non coma
un corre do presidente :-)
Ola,
De cara á vindeira lexislatura, estase vendo a necesidade de reforzar o
carácter plurilingüístico do estado español. En Galicia a Mesa pola
Normalización difunde un manifesto compartido con outras comunidades
lingüísticas que me parece unha iniciativa sinxela e interesante.
*«O dereito dos pobos e das persoas a empregaren a súa lingua é un dereito
humano. O dereito de uso pleno é garantía de democracia, de liberdade e de
progreso social.*
*A diversidade lingüística, o seu recoñecemento e o seu exercicio, non son
un capricho. Son necesidade para vivir con dignidade colectiva nunha
sociedade plural, democrática e xusta, que non admita o odio. Contra
ninguén. Tampouco por motivos de lingua.*
*...»*
Pídese a sinatura
https://www.amesa.gal/manifestos/pluralidade-linguistica-liberdade-igualdad…
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org