*Mapas libres na web a partires de 0*
Creando e integrando un mapa dinámico (Slippy Map
<https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Deploying_your_own_Slippy_Map>)
Unha vez máis, en GALPon estamos a artellar un obradoiro especializado
dirixido, pero non de xeito excluínte, a desenvolvedores e editores web.
Cada vez máis é necesario integrar algún mapa na web, ven sexa algo simple
como indicar unha localización/posición ou capas descritivas dunha
actividade humana, meteorolóxica, xeográfica, etc...
O máis frecuente e recorrer ao mapa privativo de Google Maps co uso da súa
API para integrar mapas nas publicacións.
A nosa intención e que os desenvolvedores e o público en xeral poidan
dispoñer de habilidades que lles permita usar os recursos libres
actualmente dispoñíbeis, maiormente baseados en *Open Street Maps*, pero
non só.
Unha das mais empregadas pola súa sinxeleza é *Leaflet*. Leaflet
<https://leafletjs.com/> converteuse nos últimos anos nunha das
alternativas mais empregadas para crear mapas interactivos con JavaScript,
a súa biblioteca é pequena polo que é recomendábel para aplicacións móbeis.
leaflet-mapsLeaflet, é un proxecto moi sólido que dispón dunha
documentación moi completa, isto faino unha alternativa moi apreciada polos
noveis, conta tamén cunha comunidade moi activa en internet, onde comparten
información e exemplos.
Outra alternativa é *OpenLayers3*. OpenLayers <http://openlayers.org/> é
unha biblioteca JavaScript liberada baixo a licenza BSD para compor mapas
dinámicos. Forma parte dos proxectos da Open Source Geospatial Foundation
<http://www.osgeo.org/>. Xunto con GeoExt é a combinación perfecta para
crear unha aplicación «web mapping».
Deste obradoiro faremos dúas edicións, cada unha terá unha duración de 6
horas, tres de mañá e tres de tarde, celebraráse en Vigo en dous sábados
ainda por determinar en datas comprendidas entre o 8 de setembro e o 20 de
outubro, e, como sempre, serán de balde e de libre acceso ata o límite de
prazas e con inscrición obrigatoria.
Aínda que non temos pechadas as datas nin o lugar, podedes ir facendo a
vosa (pre)inscrición a fin de reservar praza e escoller edición xa que as
prazas estarán limitadas a 20 por edición.
https://goo.gl/forms/ntfLTNdkyNLgtqnD3
Nota: ambas as edicións serán iguais, facemos dúas só para dar cabida a
máis asistentes.
Dirixirán o obradoiro:
-
Micho García (@michogar <https://twitter.com/michogar>)
-
Experto en desenvolvemento de aplicacións en entornos SIG baixo
diferentes linguaxes. - Geomatico - http://michogarcia.org/
-
Francisco Puga (@fpuga <https://twitter.com/fpuga>) fran.puga(a)gmail.com
-
Desenvolvedor en iCarto - http://icarto.es/
Coa colaboración de Xeoinquedos <http://xeoinquedos.wordpress.com/>
capítulo galego de Geoinquietos <http://geoinquietos.org/>
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org