O Proxecto Oforte (www.oforte.net) busca profesores en Vigo e arredores
para ensinar algunha das seguintes tecnoloxías:
* Kubernetes
* Terraform
* Chef
* Puppet
* Saltstack
Se tes outro coñecemento nunha tecnoloxía actual (preferible software
libre), tamén é unha opción sempre que se chegue a un acordo.
O salario será negociado individualmente co profesor dependendo da
lonxitude e a complexidade do curso.
A linguaxe de ensino será castelán.
O método de ensino é online, o profesor grabará videos na nosa oficina nun
horario apropiado para él e nun periodo razoable. Os cursos venderanse na
plataforma Udemy.
Non é preciso experiencia anterior só ter desexo de ensinar, todo o
material para a grabación é proporcionado por Oforte e o equipo axudará en
todo momento.
Para máis información contacta con nós:
Correo: contacto(a)oforte.net
Teléfono: +34 661159648
Enderezo:
Avda Gran Vía 94
FormaCoworking. Oficina Oforte.
Vigo (Pontevedra)
Ola a todo/as
Lembrámosvos que mañá entra en vigor o RXPD e que necesitamos os vosos
datos para poder manter a base de datos de socios.
Polo de agora fostes moi pouquiños os que nos enviaron a folla, a fin de
non volvernos parvos con todos os tramites, agradecémosvos que no las
enviedes canto antes.
Podedes aproveitar a ocasión en entregalos en man o próximo sábado.
Grazas.
Toca xuntanza o próximo sábado día 26
Para estar mais ao tanto destas cousas, sumádevos á canle de GALPon no
Telegram
https://t.me/galpon
@galpon
Quedamos a partires das 19.00 h na cafetería Spirit
Av. de Castrelos, 18, 36210 Vigo
geo:42.21946,-8.73318?z=19
https://osm.org/go/b9KgzWQKn?m=
Salientar que a asistencia ás xuntanzas de fin de mes non está restrinxida
á Xunta directiva ou aos socios. Calquera persoa que queira colaborar,
aportar ideas, ou simplemente cheirar nas cousas que queremos facer, pode
asistir libremente, incluído o debate da directiva.
M. A. Bouzada
Presidente
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Ola de novo.
Fago unha pequena corrección xa que non entendera ben a encomenda que me
fixera o Asesor de GALPon ao respecto.
Necesitamos, por causas legais, que actualicedes os datos e,
importantísimo, que asinedes dixitalmente ou manualmente o formulario,
concedendo autorización para o uso dos datos.
Como veredes no propio formulario, esta autorización é só para a
conservación dos datos a efectos de control e de notificación e información
da propia asociación, como ven sendo ata o de agora.
NOTA: Esquecede os formularios do fío anterior sobre este mesmo tema.
Grazas e desculpas.
Miguel A. Bouzada
Presidente de GALPon
Ola a todos:
Estamos a revisar o estado das altas e os datos dos socios de GALPon e
atopámonos co que creemos que son datos moi desactualizados.
A fin de que poidamos actualizalos ou, no seu caso, dar de baixa
definitivamente, agradecémosvos que nos enviedes o formulario anexo
debidamente cuberto.
Para cubrir o formulario de domiciliación anexo, podedes empregar «okular»
e incluso con «atril» sempre que teñades a precaución de «gardalo como
copia». En todos os casos, gardalo como «datos-NomeApelido.pdf» e envialo a
«secretario(a)galpon.xn--org-3ga
Moitas grazas!