Ola a todos.
Trala xuntanza da Xunta Directiva de GALPon celebrada no día de onte, teño
que informarvos que foi imposíbel que obtivera o consenso necesario para
sacar adiante a miña proposta de actividades para este ano.
Xa que considero que esa é a parte máis importante das miñas funcións como
presidente, considero que por esa falta de confianza nos meus plans de
actuación e a inmediata convocatoria da Xunta para presentar o noso plan de
actuación, véxome na obriga de solicitarlle ao Sr. Secretario que convoque
as asembleas anuais, especialmente a Extraordinaria, para a elección dunha
nova Xunta Directiva que elabore un novo plan de actuacións.
Salientar que eu non volverei concorrer como candidato a Presidente, polo
que será necesario que conformedes polo menos unha candidatura para cubrir
os catro postos necesarios, a saber: Presidente, Vicepresidente, Secretario
e Tesoureiro.
En Vigo a 28 de xaneiro
Miguel A. Bouzada
Presidente
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Non vos despistedes!
Hoxe asembleas, especialmente importante a extraordinaria. Temos que elixir
nova Xunta Directiva.
Lembrade:
Café Spirit
Fronte o pavillón das Travesas.
Hora 18:30
Miguel Angel Bouzada Fernández, Presidente do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, conforme ao Artigo 25 dos Estatutos desta Asociación, convoco a
todos os socios a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 24 DE
FEBREIRO, as 18:30 horas en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda
convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2017
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2018
Así mesmo, convóco na mesma data SÁBADO, 24 DE FEBREIRO, a Asemblea Xeral
Extraordinaria as 19:30 en primeira convocatoria e as 20:00 en segunda
convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por impago de cotas.
As Asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, na cafetería
«Sprint» das Travesas.
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito
a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a
cota é por anos naturais).
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Miguel Angel Martínez Figueroa, Secretario do Grupo de Amigos de Linux de