Desta vez a convocatoria non é oficial, por iso vai dende a miña conta
persoal.
Que vos parece se nos xuntamos o sábado 29, poñamos ás 7 da tarde no
Carballo 3 nas Travesas?
A cousa é parrafear de como nos foi o ano, botar unhas cañas e unhas risas.
Vémonos!
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Ola a todos e todas.
Un ano máis que temos que preparar a programación. Como sempre, agardamos
as vosas ideas, que podedes facernos chegar seguindo este fío ou, se o
preferides, cun correo a info(a)galpon.org ou na sala en Matrix
#galpon:matrix.org <https://matrix.to/#/#galpon:matrix>
Sería bo que tiveramos as vosas propostas antes da xuntanza do 26 de
xaneiro, para poder debatela e chegado o caso, aprobala na xuntanza do 23
de febreiro.
Saúdos
O Presi