Ola a todos.
Trala xuntanza da Xunta Directiva de GALPon celebrada no día de onte, teño
que informarvos que foi imposíbel que obtivera o consenso necesario para
sacar adiante a miña proposta de actividades para este ano.
Xa que considero que esa é a parte máis importante das miñas funcións como
presidente, considero que por esa falta de confianza nos meus plans de
actuación e a inmediata convocatoria da Xunta para presentar o noso plan de
actuación, véxome na obriga de solicitarlle ao Sr. Secretario que convoque
as asembleas anuais, especialmente a Extraordinaria, para a elección dunha
nova Xunta Directiva que elabore un novo plan de actuacións.
Salientar que eu non volverei concorrer como candidato a Presidente, polo
que será necesario que conformedes polo menos unha candidatura para cubrir
os catro postos necesarios, a saber: Presidente, Vicepresidente, Secretario
e Tesoureiro.
En Vigo a 28 de xaneiro
Miguel A. Bouzada
Presidente
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Miguel Angel Bouzada Fernández, Presidente do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, conforme ao Artigo 25 dos Estatutos desta Asociación, convoco a
todos os socios a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 24 DE
FEBREIRO, as 18:30 horas en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda
convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2017
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2018
Así mesmo, convóco na mesma data SÁBADO, 24 DE FEBREIRO, a Asemblea Xeral
Extraordinaria as 19:30 en primeira convocatoria e as 20:00 en segunda
convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por impago de cotas.
As Asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, na cafetería
«Sprint» das Travesas.
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito
a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a
cota é por anos naturais).
Lembrarvos a importancia da proxima xuntanza deste sábado:
A xuntanza deste mes terá especial importancia, xa que pretendemos deixar
definidas as liñas de actuación para as actividades deste ano e que poden
afectar para os anos vindeiros.
Será importante, xa que arredor diso vai toda a programación que coma
«presi» teño prevista para 2018
http://inspirasteam.net/manifiesto/https://github.com/oslugr/2017sereingenierahttp://www.tribunafeminista.org/2018/01/murcia-anuncia-un-
programa-de-becas-para-impulsar-el-acceso-de-la-mujer-a-titulaciones-de-
ingenieria-en-universidades/
En resumo, desenvolver un proxecto global en base STEM e mozas
A fin de programar do xeito máis acertado estas actividades, contamos coa
colaboración de J.J. Merelo da Universidade de Granada, quen xa me ten
informado das cousas que funcionan e das que non.
NEGATIVO:
Muller triunfador que vai dar a «chapa», provoca unha comparanza negativa.
Obradoiros técnicos.
POSITIVO:
Mozas próximas, de últimos anos de carreira, recen licenciadas e/ou
traballadoras estándar no eido TIC.
Informática sen informática (programar en linguaxe baile -kata-)
https://github.com/oslugr/2017sereingeniera/blob/master/
fichas/dia-1/bailando.md
https://github.com/oslugr/2017sereingeniera/blob/master/
fichas/dia-2/bailando.md
https://github.com/oslugr/2017sereingeniera/blob/master/
fichas/dia-2/scratch.md
https://code.org/curriculum/course1/12/Teacherhttps://medium.com/@jjmerelo/programemos-la-m%C3%A1quina-
de-asombrar-b0a96a5709e9
Día:
Sábado 27 de xaneiro
Hora:
18:30 para o debate da Directiva (pode asistir quen o desexe e desexariamos
que fósedes cantos máis mellor)
20:00 para as cañas, cafés e demais.
Lugar:
Café SPIRIT, (antiguamente Café SPORT)
Av. de Castrelos, 18, 36210 Vigo
geo:42.21897,-8.73532?z=17
https://osm.org/go/b9Kgx7WRk-?layers=N
<iframe width="425" height="350" frameborder="0" scrolling="no"
marginheight="0" marginwidth="0" src="http://www.openstreetmap.
org/export/embed.html?bbox=-8.740847110748293%2C42.215741495600845%2C-8.
729796409606935%2C42.22220125568601&layer=mapnik" style="border: 1px
solid black"></iframe><br/><small><a href="https://www.
openstreetmap.org/#map=17/42.21897/-8.73532&layers=N">Ver un mapa máis
grande</a></small>
[image: Imaxe en liña 1]
Quería salientar que a asistencia ás xuntanzas de fin de mes non está
restrinxida á Xunta directiva ou aos socios. Calquera persoa que queira
colaborar, aportar ideas, ou simplemente cheirar nas cousas que queremos
facer, pode asistir libremente, incluído o debate da directiva.
Sempre teremos en consideracións as opinións de todos, só no caso de que
haxa que facer unha votación, só poderán votar os socios.
M. A. Bouzada
Presidente
Quería salientar que a asistencia ás xuntanzas de fin de mes non está
restrinxida á Xunta directiva ou aos socios. Calquera persoa que queira
colaborar, aportar ideas, ou simplemente cheirar nas cousas que queremos
facer, pode asistir libremente, incluído o debate da directiva.
Sempre teremos en consideracións as opinións de todos, só no caso de que
haxa que facer unha votación, só poderán votar os socios.
M. A. Bouzada
Presidente