--
Luis Olivares
---------- Forwarded message ----------
From: CNTG <estudos.cnt(a)xunta.es>
Date: 2014-06-23 11:37 GMT+02:00
Subject: VI xornadas de usuarios da linguaxe de programación R
To:
Organizadas po MELISA (Asociación de usuarios de software libre da terra de
Melide), http://webmelisa.es/, e a “Comunidad R Hispano”,
http://r-es.org/Comunidad, os días 23 e 24 de outubro terán lugar no Centro
de Novas Tecnoloxías de Galicia, https://cntg.xunta.es, as VI xornadas de
usuarios de R.
As xornadas incluirán relatorios e obradoiros co obxectivo de promover o
coñecemento de R e as súas aplicacións, proporcionar un punto de encontro
aos usuarios de R e fomentar a colaboración entre eles nun ambiente
multidisciplinar.
A inscrición ás xornadas é de balde previa cobertura do formulario de
inscrición:
http://r-es.org/Formulario+Inscripcion+VI+Jornadas
Para acadar unha maior información sobre a posibilidade de participar a
distancia, opcións de transporte e aloxamento, mapa de acceso, formato das
presentacións e obradoiros , contacto co comité organizador etc .. consulte
a seguinte páxina web:
http://r-es.org/6j
Un saúdo
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Como indico no asunto, necesitamos que algún de vos nos bote unha man para
facer un obradoiro, o 31 de novembro, que trate os seguintes temas:
Emprego de GnuPG para o cifrado de correo
Pasos previos
Uso en contas/sistemas webmail
Uso con xestores de correo
Sinatura dixital de documentos
Con @firma, ou outro sistema semellante baseado no certificado da FNMT
Co DNI
Debemos pensar sempre en sistemas libres e con ferramentas libres (p. ex.
esquecer o Java de Oracle)
Agardamos as vosas propostas.
A xunta de goberno de GALPon