Boas a todos.
Bueno, son un novo membro de GALPon e como ainda non sei nada da asociación
quixera presentarme a todos e así probar a lista de GALPon.
Chamome Isaac Abreu Rodríguez (por internet chámome isaac1024) teño 21 anos
estudo o curso de FP de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas no IES
Teis de Vigo e son usuario de GNU-linux dende fai un ano aproximadamente
(pese a que o coñecín o curso pasado non o instalei na casa ata mercar o meu
portatil en marzo); cada dia que pasa aprendo cousas novas e descubro que o
que sei non é tanto coma quixera. Actualmente o unico SO windows que uso é
unha máquina virtual para clase (algo que odio pero que non me queda mais
remedio xa que traballamos con visual basic e SQL server). Amo o software
libre e a sua filosofia e cada dia que pasa fágome mais "radical" nese tema,
e por iso buscando unha comunidade en Vigo atopei esta asociación coa que
espero aprender moito e na que intentarei participar todo o que poida para
que podamos acadar os obxectivos propostos; tamén teño interes en traballar
nunha empresa de software libre e a asociación paréceme unha vía para acadar
ese obxectivo, xa que ainda estou moi verde nisto e desexo aprender o
necesario para conseguilo (polo menos non terei competencia na clase xa que
son o unico usuario de GNU-linux, escepto o meu profesor de visual basic, un
pouco ironico ¿no? xd).
As distribucións que actualmente utilizo son: no pc ubuntu (tamen o usa o
resto da familia, por iso teño ubuntu xd); no portatil teño Trisquel (segun
observei na lista non estades moi a favor desta distribucion jajajajaja) e
tamen uso Mandriva (principalmente para non acostumbrarme demasiado a
versiones debian y a gnome).
Tamen estou ao tanto dunha reunion para finais de este mes, espero atopar a
todos alí e poder presentarme personalmente a todos, que me poñades ao dia
sobre GALPon e poder divertirnos en grupo compartindo o noso coñecemento
intelectual mentras a SGAE o siga permitido jajajaja (sinto contar un chiste
tan malo pero mellor que os vaiades acostumando)
--
----------Analogia del software libre, por Richard Stallman----------
Hay muchos puntos en común entre un programa y una receta. Con una lista de
etapas que hay que seguir y reglas que determinan en que momento se ha
terminado o como dar marcha atrás y al final se obtiene un cierto resultado.
Si a usted le gusta cocinar, sin duda intercambia sus recetas con sus
amigos, y tal vez tenga tendencia a modificarlas. Si ha modificado usted la
receta, si el resultado le gusta y a sus amigo también, existe la
posibilidad de que usted les pase la nueva versión de la receta.
Y ahora imagine un mundo en el que no podrían cambiar su receta porque
alguien ha decidido que es imposible modificarla, e imagine que si comparte
esa receta con sus amigos le tratarán de pirata y harán todo lo posible por
mandarle a la cárcel durante unos cuantos años.