Grupos de Usuarios e docentes do ensino non universitario pedirán á Xunta un
compromiso no emprego do Software Libre no sector educativo.
Os Grupos de Usuarios de Software Libre galegos e docentes do ensino non
universitario, analizarán con responsables da Consellería de Educación o
emprego de Software Libre nos centros de ensino e as posibilidades de que a
consellería se comprometa no emprego de aplicacións informáticas en código
aberto de xeito masivo a curto prazo.
O Software Libre constitúe ademais unha esixencia do profesorado que ve no seu
menor custe (na maior parte dos casos é gratuíto), adaptabilidade e
facilidade de tradución ao galego a solución ideal para o sector educativo.
Dáse o paradoxo de que os ciclos de formación profesional públicos e outros
niveis educativos, nos que as administracións públicas invisten grandes
cantidades de diñeiro, son na práctica"academias públicas de software privado
ou privativo" [1].
Por outra banda a Consellería de Educación está a mercar miles de equipos sen
que haxa persoal encargado do mantemento dos equipos e de formar aos docentes
nas novas tecnoloxías. Ademais moitos destes equipos pagan dúas veces a
licenza de Windows: a que vén incluída no equipo e a que a Xunta ten a nivel
global.
As melloras que proporán os Grupos de Usuarios máis os docentes estarán
baseadas en Software Libre e estarán expostas nun documento colaborativo
(wiki) [2] accesible desde Internet. Algunhas das peticións son:
*A modificación do portal actual cara un portal interactivo para os profesores
onde estes poderán aportar contidos educativos e compartilos,
*Creación de espazos de intercambio de experiencias educativas a través de
listas de correo entre os diferentes centros
*Mellora das aplicacións de xestión actuais (Xade/Xadeweb) que actualmente son
ineficientes e inseguras.
*Ademais solicitarase cambiar o deficiente sistema de soporte técnico actual
dos centros para promover o papel do persoal docente coma xestor de
mantemento e formador do propio profesorado.
Solicitaranse tamén explicacións dos criterios tomados en conta para enviar
aos centros os miles de equipos informáticos sen persoal de apoio que poida
instalalos nas aulas e ademais pagando a Consellería unha licenza por equipo
que xa estaría cuberta en cada centro cunha licenza global académica.
Convenio con Innovación
Os Grupos de Usuarios de Software Libre en Galicia tiveron a oportunidade de
expresar as súas preocupacións o ano pasado aínda que nesa ocasión foi á
Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, dona
Elena Veiguela (Consellería de Innovación e Industria), chegando pouco
despois a asinar un convenio co CESGA para a difusión e promoción do Software
Libre en Galicia. Actualmente algúns grupos de usuarios están realizando
estes labores en diferentes centros da comunidade autónoma
polo que se propoñerá asinar un convenio na mesma liña coa Consellería de
Educación.
[1]http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/…
[2]http://www.galpon.org/modules/phpwiki/index.php/TIC_e_Soft_Libre_no_Ensin…
Sobre o Software Libre
O Software Libre son todas aquelas aplicacións informáticas que poden ser
usadas, copiadas, modificadas e redistribuídas libremente. Algunha das súas
principais vantaxes son o seu menor prezo, a adaptabilidade, a posibilidade
de ser traducido a calquera idioma. Son exemplos de Software Libre os
sistemas operativos Linux, OpenOffice.org ou Mozilla Firefox. Máis do 60% das
páxinas web que existen actualmente en Internet funcionan baixo tecnoloxía
libre.
Máis información:
GALPon – Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
Páxina Web: http://www.galpon.org
Carlos Rodríguez (Presidente de GALPon)
Correo electrónico: info(a)galpon.org
Con ánimo de hacer actividades en la Universidad de Vigo, necesito saber
que estudian en concreto los socios de Galpon (los que tienen la suerte de
ser estudiantes), así que os rogaría que los que esteis estudiando me
envieis un correo con vuestro nombre y la carrera que estudiais.
Un saludo.
El 21/03/07, Jorge R." <jrrperi(a)gmail.com> escribió
>>> Así me gusta que el martin regale foneritas ... habrá que hacerle
>>> algún pedido para VigoWireless y flashearlas ...
El 21/03/07, Rafa Couto <rafacouto(a)gmail.com> escribió:
>> No te creas que es mala idea, pero no para desfonearlas, si no para usar
su
>> interfaz privada con vigowireless...
>>
>> Me parece que FON y una comunidad Wifi pueden vivir en simbiosis gracias
al
>> doble SSID de la fonera, y si no se ha dado todavía es porque FON pasa de
>> las comunidades wifi y, recíprocamente existe cierto rechazo al proyecto
de
>> Martin Varsavsky.
>>
>> Veo que los wificomuneros dicen pestes de FON y recomiendan solicitar la
>> fonera y flashearla por sistema. Creo que podría ser posible un proyecto
>> dual. No me cansaré de decirlo pese a que me miren mal ambas partes ;-)
>>
>> La idea es, que FON nos regale la fonera, abrimos la interfaz privada
para
>> WigoWL, la ponemos en los balcones, y todos nos beneficiamos. Simple pero
>> ¿imposible? Sé que se puede entrar por SSH, ¿es posible modificar la
>> interfaz privada que va en WAP para ponerla abierta total y poder enrutar
>> los nodos de VigoWL?
El 21/03/07, Manuel Villaverde <lolin(a)vigowireless.info>, escribió:
> Me pareceria interesante que se siguiese dando vueltas al tema , ya
> > que aqui tenemos donde meter mano a Martin y sacar provecho ( y mucho
> > ).
> >
> > Por cierto yo ya tengo 2 Foneritas y quitando el problema del calor ,
> > alcanza sobre 120 grados , es un aparato con unas posibilidades
> > tremendas.
> >
Ánimo, porque si conseguís hacer funcionar la interfaz privada de la fonera
con VigoWL tenemos solucionado mayormente el problema de la infraestructura
que es el principal, gracias a las invitaciones de FON. Los máquinas de
cacharrería ya tienen chollo ;-)
Por otro lado, podemos ir aprovechando a invitar a los de vigowireless a que
reciban su fonera antes de que acabe la bondad de Martin :-) Por mi parte
dispongo de 2 invitaciones. Las invitaciones se regeneran así que el
invitado registra la fonera.
¿Podemos crear un artículo en el drupal de vigowireless para gestionar las
invitaciones? La intención es que la gente escriba con comentarios que
quiere recibir la invitación de la fonera, y que se las vayamos enviando en
el orden que las pide y de forma organizada. Así, podemos marcar también a
quien le enviamos la invitación y si la activa (modificando el comentario
para añadir fecha de envío de invitación y fecha de cuando fue activada).
Por otro lado, la gente se apuntará al drupal (si configuráis los
comentarios sólo para usuarios autentificados) y conocerán el proyecto...
Mando copia a la lista de galpon para atraer gente que quiera agregarse a la
propuesta y recibir la invitación de regalo de fonera...
--
Rafa Couto (caligari)
mailto:rafacouto @gmail.com
Linux user #99126 (http://counter.li.org)
---------- Forwarded message ----------
From: Dpto Nuevas Tecnologías <innovacion(a)cep.es>
Date: Mar 19, 2007 12:39 PM
Subject: jornada sobre Software Libre en las PYMES
Estimado señor/a:
El Software Libre supone una opción tecnológica en todos los ámbitos
empresariales ya que además de abaratar costes en licencias supone una gran
competencia de sus herramientas por ser igual o más competitivas que las de
pago.
De entre las diferentes opciones de Software Libre destacamos su uso
en aplicaciones
ofimáticas (OpenOffice), ERP y CRM (facturaLux), Facturación (FacturLinEx,
FacturaLux, GNUAccounting), nóminas (nomiLinex) y otras aplicaciones
realizadas con software libre.
La *Confederación de Empresarios de Pontevedra* con el patrocinio de *Obra
Social Caixa Galicia* considera importante y necesario organizar el próximo
*11 de Abril a las 17.00 horas* una *Jornada sobre Software Libre* *orientada
a las PYMES* para hacer llegar la idea e importancia del Software Libre en
la empresa.
*JORNADA SOBRE SOFTWARE LIBRE PARA LAS PYMES - 11 de Abril de 2007*
*17.00 Presentación de la Jornada*
*17.15 **Importancia del Software Libre para Galicia.*
*17.45 **Características del Software Libre.***
*18.15 Pausa Café*
*18.30 **Experiencia empresarial: proveedora de servicios y productos para
Pymes.*
*18.45** Experiencia empresarial: cliente de servicios.***
*19.00 **Herramientas de Gestión Empresarial.***
*19.30 Debate – coloquio.*
*20.00 Clausura.*
*Hoja de Inscripción Software
Libre<http://www.cep.es/webSite/index.php?action=downloadFieldFile&idField=7&idCo…>
*
*Díptico de la Jornada<http://www.cep.es/webSite/index.php?action=downloadFieldFile&idField=6&idCo…>
***
*Para más información, llame al teléfono 986 439 611 o envíe un mail a
innovacion(a)cep.es*
Jorge Carneiro
Dpto de Nuevas Tecnologías
Confederación de Empresarios de Pontevedra
Avda García Barbón nº 104 Tfno: 986 439 611
--
Rafa Couto (caligari)
mailto:rafacouto @gmail.com
Linux user #99126 (http://counter.li.org)
Hola xente:
Hoxe mesmo pola maña, o noso servidor web trocou de dirección IP polo que
poida que teñades que esperar a que se "propague" a nova dirección por
Internet para poder traballar con él.
Sentimos os inconvintes que poida crear isto.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>
---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Ofertas_emprego_software_libre] Oferta de emprego en Igalia
Fecha: Miércoles, 14 de Marzo de 2007
De: Javi Vázquez <jvazquez(a)igalia.com>
Para: ofertas_emprego_software_libre(a)mancomun.org
---------------------- oferta de emprego ---------------------
¿Queres traballar en proxectos de Software Libre dende Galicia para o
mundo?
En Igalia buscamos persoas capaces de contribuir e formar parte do noso
excitante entorno de traballo ó redor do Software Libre, persoas
dispostas a comprometerse e disfrutar do seu traballo, ávidas por
aprender e compartir coñecemento.
Contratamos apaixonados do Software Libre, homes e mulleres xóvenes con
elevada capacidade técnica, un bo nivel de inglés e unha formación
académica relacionada coa Enxeñería e/o software.
¿Queres disfrutar traballando en Software Libre? A nosa mensaxe é
simple: mesma responsabilidade, mesmo salario, mesma capacidade de
decisión.
Igalia _Free Software Engineering_ é unha empresa cooperativista e de
estructura plana que ofrece servizos en torno ao Software Libre, formada
por máis de 25 Enxeñeiros en Informática cunha elevada capacitación
técnica.
¿Queres traballar en proxectos de Software Libre dende Galicia para o
mundo?
http://www.igalia.com
_______________________________________________
Ofertas_emprego_software_libre mailing list
Ofertas_emprego_software_libre(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ofertas_emprego_software_libre
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>
---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Guls] Colaboración coa Asociación das Internautas das Rías Baixas
Galegas para xornada coa PEME
Fecha: Lunes, 12 de Marzo de 2007
De: mancomun <mancomun(a)www.mancomun.org>
Para: guls(a)mancomun.org
A Asociación de Internautas das Rías Baixas Galegas está a organizar
unhas xornadas dirixidas ás empresas e ao comercio electrónico. En total
queren ofrecer ao redor dunhas 30 horas divididas en 5 días de
formación á PEME sobre ferramentas de xestión electrónica, comercio
electrónico e aplicacións e tecnoloxías de utilidade para a empresa.
Desde Mancomun.org cremos que sería unha gran oportunidade para os LUG
galegos encher este espazo. As xornadas terían lugar en Vilagarcía de
Arousa entre o 30 de abril e o 4 de maio e irían dirixidas a PEME. Todos
aqueles grupos de usuarios que esteades interesados en participar nestas
xornadas poñédevos en contacto o ANTES POSIBLE con Xoán Fernández de
Mancomun.org ( xoanf(a)cesga.es ) indicando, se é posible e de xeito
aproximativo, de que estaríades dispostos a falar e que cursos vos
gustaríades dar, se poderíades ir un ou varios días, cal sería o custe
aproximado...
Esperamos a vosa contestación o antes posible.
Unha aperta.
--
Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre
www.mancomun.org
mancomun(a)mancomun.org
Telf: 981 56 98 10 Ext:247
Fax: 981 59 46 16
Centro de Supercomputación de Galicia
Avda. de Vigo s/n (Campus Sur)
15705 Santiago de Compostela
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>
(Mensaxe de Daniel Bañobre - CompostelaWireless)
Desde fai uns meses andamos a negociar con Xuventude para ver de facer
actividades relacionadas co Software Libre dentro da Xuventude Galicia
Net (http://www.xuventudegaliza.net/). Desculpade que non comentaramos
nada na lista, pero preferimos estar calados mentras a cousa non
estivera clara. Agora, á fin, parece que chegamos a un punto de acordo.
As negociacións foron duras, pero finalmente dispoñemos dun presuposto,
un espacio para conferencias cunha capacidade dunhas 100 persoas e un
espazo-obradoiro con equipos informáticos e acceso á Internet para
trastear.
Para chegar a este punto, nos vimos na obriga de facer unha proposta de
actividades, pero a cousa queda suficientemente aberta como para que
todos os GUL podamos participar. A nosa proposta de actividades está adxunta.
A idea é que dentro do obradoiro aberto podemos facer as actividades que
consideremos oportunas, de xeito que só temos que organizarnos entre nós
para facer as cousas que consideremos máis interesantes e produtivas.
Estamos seguros de que algunhas das actividades propostas por nós, poden
ser artelladas máis fácilmente por outros GULs. Por exemplo, as
actividades de achegamento á programación en KDE/Gnome require buscar
persoas capacitadas, e iso GPUL o terá prácticamente feito. Non queremos
que ningún GUL se corte. Non se trata de que cada un fagamos as nosas
actividades, se non de artellar un bo programa e sacalo adiante entre
todos, do xeito máis sinxelo posible. Así que se alguén se quere acoplar
en actividades xa propostas, só ten que dicilo. Que ninguén se sinta
excluido.
Mandade as vosas propostas á lista. Se ides necesitar financiamento ou
necesitades que desde a organización aportemos algún tipo de recurso,
especificadeo claramente. Especificade tamén o tempo que requeriredes
para a actividade, de xeito que podamos artellar unha proposta de
horario para reparti-lo tempo.
Se vemos que é necesário, podemos empregar novamente o sistema do ano
pasado, abrindo un wiki no que cada un expoñan as propostas.
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>
---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Guls] Call for papers
Fecha: Lunes, 5 de Marzo de 2007
De: kaderno <kaderno(a)gulo.org>
Para: Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia <guls(a)mancomun.org>,
gulo-socios(a)gulo.org, formella(a)ei.uvigo.es, olivieri(a)ei.uvigo.es,
jrodeiro(a)ei.uvigo.es
Hola a tod@s,
como xa sabedes GULO ía organizar un curso sobre configuración de servidores
con ferramentas libres. Por petición popular, en lugar de partir dunhos
coñecementos previos, imos empezar dende cero e introducir ós asistentes no
mundo do software libre e, ensinalos a instalar e administrar sistemas
GNU/Linux. Tamén haberá partes adicadas a programación e a servidores. Dito
curso tería lugar os días 10,11,12,17,18 e 19 de Abril na ESEI, e cun horario
que vai de 16 a 21h.
Como o programa aínda non está completamente cuberto, envío este correo para
animarvos a que participedes, como aliciente principal para os poñentes será
que imos editar un libro cos contidos do curso, co cal os que participen
terán unha publicación máis no seu haber, que nunca está de máis.
En principio podedes dar unha charla sobre o "que queirades", sempre que teña
que ver co mundo do software libre e se poida enmarcar dentro deste curso. En
caso de que non se poida amañar para que veñades ó curso, sempre poderedes
vir calquera outro día, que estaríamos encantados de organizar unha charla.
Gracias de antemán,
kaderno.
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>