Ola Carlos:
Aproveito o teu correo para pedirvos unha serie de traballos.
Precisábamos que instalásedes a versión 1.3.6 do programa Scribus tanto
en Windows XP como en Ubuntu Linux con bastante urxencia, polo menos no
equipo de Luisa (192.168.0.202) terÃa que estar esta semana e no resto
dos equipos a mediados da semana que vén (no de Oscar xa está
instalado). Avisádelle cando o fagades para que non reinicie sen darse
conta en plena instalación.
A versión estable do programa é a 1.3.3.13 pero precisamos da nova
versión para traballar con algunhas funcións.
Para Ubuntu non se atopa nos repositorios oficiais, hai que engadir o
repositorio oficial de Scribus[1]. En Windows XP fai falta instalar o
motor de GhostScript[2] para ter soporte para imaxes vectoriais (EPS,
SVG, etc.). Asumo que todas as instalacións de Ubuntu teñen GhostScript
de serie.
à importante que todos os equipos conten coa mesma versión de Scribus,
xa que os arquivos non son compatibles cara atrás, unha mÃnima
diferencia de versión implicarÃa que algunha xente non poderÃa
traballar.
[1]
http://wiki.scribus.net/canvas/Debian#1._Add_the_repositories_to_package_ma…
[2]
http://mirror.cs.wisc.edu/pub/mirrors/ghost/GPL/gs900/gs900w32.exe
Precisariamos que deixasedes prendidos todos os equipos en Linux durante a
hora de comer, para poder facer as actualizacións.