Ola xente:
Estiven trasladando algúns servizos ao novo equipamento. Entre eles están:
1.- Todo o direccionamento IP estase a proporcionar a través do novo servidor
polo que todos deberiades ter asignada a dirección dinámicamente. Se alguén a
puxo estática, é preciso que a cambie.
2.- Sistema de ficheiros "arquivo" o podedes atopar na rede a través de:
- linux por medio da dirección "smb://samba/arquivo"
- windows por medio da dirección "\\samba\arquivo"
Se tedes problema, ou non sabedes cómo actualizar o acceso directo, poñédevos
en contacto conmigo.
3.- Impresora Kónica Bizhub: Logo do cambio da dirección IP preciso que SEXA
REINICIADA xa que non o podemos facer desde aqui. A nova dirección na rede é
"konica". Deberiades actualizar a dirección no voso ordenador.
4.- Impresora HP LaserJet 2420 (desconocemos se está operativa) pero cambiamos
a súa IP e está na dirección "hp". Tamén deberiades actualizar a dirección no
voso ordenador.
5.- Temos o equipo de Óscar coa IP "192.168.0.225" sen localizar. Que o
encenda e que nos avise por teléfono para poderlle asignar a nova IP.
Aínda quedan cousas pendentes pero iremos pouco a pouco. Este primeiro cambio
coido que vai ser o máis traumático. Paciencia :-)
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf/Fax: (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------