Logo de falar con Óscar, comentounos que precisades mercar un novo equipo para
traballar con material gráfico que precisa de bastante capacidade.
O hardware que nos describiu Óscar é:
Procesador Intel i7 a 3,2GHz
Placa base Asus Rampage III Extreme
Gráfica nVidia GT210
Disco duro SATA3 de 1 TB
Memoria 12GB
O chipset da placa base "Intel X58" aínda non aparece como certificado que
funciona 100% con GNU/Linux na web do fabricante [1],[2] e Asus no seu manual
non da soporte de outros sistemas agás Windows.
Por outra banda atopamos certa información que pode axudar á hora de
solucionar algún problema que se atope á hora de instalación, como por exemplo
a necesidade de empregar un kernel máis actualizado ou a actualización da BIOS
[2], [3] e [4].
[1] http://mbsg.intel.com/mbsg/
[2] http://www.intel.com/support/motherboards/desktop/sb/cs-008326.htm
[3] http://www.phoronix.com/scan.php?page=article&item=intel_core_i7&num=2
[4] http://en.gentoo-wiki.com/wiki/Asus_P6T_Deluxe
[5] http://forums.linuxmint.com/viewtopic.php?f=29&t=58242
A nosa recomendación é positiva pero probablemente haxa que modificar o sistema
base para que funcione todo na nova placa. Esperemos que todo vaia ben :-)
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf/Fax: (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
Ola a todos,
A partir das 14:00 ata as 16:00 de hoxe vamos a facer un cambio de
servidor, polo que nese marxe horario non deberíades de usar o eGW, ou
poderíanse perder os cambios que fagades.
Saúdos a todos
Ola de novo:
Xa estamos rematando a última fase de traslado de servizos.
Hoxe procedemos a realizar uns cambios no nome "cidadania.coop" que, se
fixéchedes as modificacións correctamente, debería ser transparente para vós.
Xa sabedes, se algo non vai, enviade un correo a "incidencias(a)cidadania.coop"
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf/Fax: (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------