Ola xente:
Froito da mellora necesaria nos servizos que prestamos a Cidadanía, estamos a
proceder a realizar unhas modificacións nos sistemas que poden deixar sen
servizo (temporalmente) a algúns de vós. Estes cambios atinxen a practicamente
todos os servizos polo que será un cambio importante pero que esperamos sexa o
menos traumático posible para vós.
Unha destas modificacións é o sistema de correo que correrá nos nosos
servidores e obrigará a habilitar a autenticación e o cifrado da comunicación
pero non vos preocupedes que xa vos daremos instrucións de cales serán as
modificacións nos vosos clientes de correo.
Está prevista que as modificacións sexan ao longo desta semana, así que non vos
asustedes.
O xoves e/ou venres gustaríanos estar en Santiago para rematar a migración de
sistemas. ¿Habería posibilidade de que alguén estivera por alí?
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf/Fax: (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------