Resultados da rede
EuSumo
Esta
iniciativa da
Consellería de
Traballo e
Benestar para
a promoción do
autoemprego
baixo fórmulas
de economía
social. O
certo é que,
poucos meses
despois, o
modelo de
traballo da
Rede Eusumo
ofrece
resultados
tanxibles que
consideramos
moi positivos:
o máis claro é
que xa naceron
catro
cooperativas,
e outros 20
grupos
promotores
están en
diferentes
momentos de
maduración das
súas ideas de
actividade.
Tamén se
realizaron
moitas
actividades de
formación
para
diferentes
públicos,
desde os máis
pequenos, con
quen se
traballan
habilidades
para a
cooperación e
a toma de
decisións
democrática,
ata os maiores
a quen se lles
achegan as
características
das
cooperativas e
sociedades
laborais.
O
equipo técnico
da Rede Eusumo
está
conformado por
persoal das
cooperativas
Xedega, Ardora
e Cidadania.