Boletín de novas de Cidadania
¿As imaxes non se ven correctamente? Engade boletin@info.cidadania.coop a tua axenda agora.

Orzamentos participativos de Ferrol

O concello de Ferrol continuará co proceso de orzamentos participativos que se ten iniciado no ano 2009.

O obxectivo é conseguir implicar a un bo número de cidadáns e asociacións para definir cal é o uso que se lle pode dar a unha parte do orzamento do concello no ano 2012.

Durante este ano recolleranse as achegas realizadas a través de diferentes foros e encontros para que no ano 2012 poidan ser incorporadas ao futuro orzamento.

Cidadania desenvolve os traballos de deseño de metodoloxías e condución da participación, contrastando as súas propostas coas diferentes comisións e grupos de traballo formados pola cidadanía de Ferrol.

Libro Democracias Participativas

O papel das cooperativas como unha alternativa a modelos económicos en crise é destacado por Cidadania na publicación ‘Democracias participativas y desarrollo local’, editada pola Deputación de Málaga.

NEA-2

A nosa cooperativa ten colaborado coa Consellería do Mar no desenvolvemento dun diagnóstico sobre o sector náutico en Galicia dentro do marco do proxecto de cooperación transnacional NEA2.

Neste proxecto participan 23 socios de oito rexións europeas: Irlanda, South-West, Basse-Normandie, Bretagne, Pays de la Loire, Galicia, Portugal, e Andalucia, e ten como obxectivo principal o desenvolvemento de actividades náuticas coordinadas dentro do Espazo Atlántico.

Rede EuSumo

A Consellería de Traballo, a través da Rede Eusumo de Centros de Desenvolvemento Cooperativo proponse achegar a economía social como unha eficaz estratexia contra o desemprego.

O equipo técnico da Rede está formado por socios e socias de Xedega, Ardora e Cidadania, cooperativas que levan máis de 15 anos traballando comprometidas con este sector.

Nos tres primeiros meses de traballo na Rede xa se produciu a primeira alta dunha cooperativas e estase en proceso de maduración doutras 11.


Encontro Coop57

Coop 57 é un proxecto de finanzas éticas e solidarias que recolle aforro de cidadáns e iniciativas sociais para financiar entidades de economía social e solidaria.

Na actualidade os seus activos ascenden a máis de nove millóns de euros.

No encontro que terá lugar os días 21, 22 e 23 en Barcelona avaliarase o papel que está a xogar Coop57 como impulsor do modelo da economía social e solidaria. Cidadania participará no encontro.

Cidadania S. Coop. Galega
Corredoira das Fraguas, 5, 1º Izq.
Santiago de Compostela (A Coruña)
cidadania@cidadania.coop
www.cidadania.coop