Boletín de novas de Cidadania Sociedade Cooperativa.
¿As imaxes non se ven correctamente? Engade boletin@info.cidadania.coop a tua axenda agora.
ou mira a versión en liña.

Orzamentos participativos de Ferrol

O concello de Ferrol continuará co proceso de orzamentos participativos que se ten iniciado no ano 2009, e ten depositado a súa confianza en Cidadania para que coordine este proceso de participación.

O obxe
ctivo é conseguir implicar a un bo número de cidadáns e asociacións para definir cal é o uso que se lle pode dar a unha parte do orzamento do concello no ano 2012.

Durante este ano recolleranse as achegas realizadas a través de diferentes foros e encontros para que no ano 2012 poidan ser incorporadas ao futuro orzamento.


Libro Democracias Participativas

O papel das cooperativas como unha alternativa a modelos económicos en crise é destacado por Cidadania na publicación ‘Democracias participativas y desarrollo local’, editada pola Deputación de Málaga.

NEA-2

A nosa cooperativa ten colaborado coa Consellería do Mar no desenvolvemento dun diagnóstico sobre o sector náutico en Galicia dentro do marco do proxecto de cooperación transnacional NEA2.

Neste proxecto participan 23 socios de oito rexións europeas: Irlanda, South-West, Basse-Normandie, Bretagne, Pays de la Loire, Galicia, Portugal, e Andalucia, e ten como obxectivo principal o desenvolvemento de actividades náuticas coordinadas dentro do Espazo Atlántico.

Rede EuSumo

Ponse en marcha o proxecto EuSumo, para impulsar a creación e desenvolvemento de cooperativas e outras entidades de economía social a partir do apoio decidido aos emprendedores de distintas zonas de Galicia.


Esta finalidade vese complementada con accións destinadas a divulgación e sensibilización da sociedade sobre o valor da economía social, así com a súa promoción entre os axentes sociais e económicos.

Encontro Coop57

A organización Coop 57 é un proxecto de finanzas éticas e solidarias que recolle aforro de cidadáns e iniciativas sociais para financiar entidades de economía social e solidaria.

No encontro que terá lugar os días 21, 22 e 23 en Barcelona avaliarase o papel que está a xogar Coop 57 dentro da enconomía social en España e proporanse medidas para mellorar a súa implantación.

Cidadania S. Coop. Galega
Corredoira das Fraguas, 5, 1º Izq.
Santiago de Compostela (A Coruña)
cidadania@cidadania.coop
www.cidadania.coop