Boletín de novas de Cidadania
¿As imaxes non se ven correctamente? Engade boletin(a)info.cidadania.coop
<mailto:boletin@info.cidadania.coop> a tua axenda agora.
*_Resultados da rede EuSumo_* <http://www.eusumo.coop>
Esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar para a promoción
do autoemprego baixo fórmulas de economía social. O certo é que, poucos
meses despois, o modelo de traballo da Rede Eusumo ofrece resultados
tanxibles que consideramos moi positivos: o máis claro é que xa naceron
catro cooperativas, e outros 20 grupos promotores están en diferentes
momentos de maduración das súas ideas de actividade.
Tamén se realizaron moitas actividades de formación para diferentes
públicos, desde os máis pequenos, con quen se traballan habilidades para
a cooperación e a toma de decisións democrática, ata os maiores a quen
se lles achegan as características das cooperativas e sociedades laborais.
O equipo técnico da Rede Eusumo está conformado por persoal das
cooperativas Xedega, Ardora e Cidadania.
Séguenos en Facebook <http://www.facebook.com/cidadania.coop>
Páxina web <http://www.cidadania.coop>
*_Dinamización nos centros de ensino_
<http://www.ucetag.org/principal.php>*
As habilidades cooperativas deben aprenderse e ensaiarse dende pequenos.
Deste xeito podemos conseguir que o modelo económico do futuro sexa máis
xusto, solidario e cooperativo. Este é o empeño que ten a UCETAG, Unión
de Cooperativas de Ensino. Cidadania colabora con ela na elaboración de
materiais didácticos para a aprendizaxe do cooperativismo e os seus
valores, orientados aos tres ciclos de primaria: desde os 6 ata os 12
anos. Ademais ten realizado tamén talleres en diferentes colexios, coa
participación de máis de 700 alumnos e alumnas.
*e-cidadania <http://ecidadania.org>*
No último ano a nosa cooperativa ten apostado firmemente por elaborar
unha aplicación de código aberto para a participación cidadá, que sexa
aplicable tanto para asociacións, empresas ou administracións.
Esta plataforma vai permitir cubrir un proceso de participación completo
ou complementar un proceso presencial a través do desenvolvemento de
diferentes módulos que permiten dar cobertura a todas as súas
actividades e tarefas. Para iso contamos coa experiencia de Cidadania no
desenvolvemento de metodoloxías de participación en distintos ámbitos e
territorios, así como o apoio de colaboradores tecnolóxicos e da
comunidade do software libre para o desenvolvemento informático da
ferramenta.
*As Fragas artesás
<http://www.artesansdoeume.org/spa/actividades.html>*
Cidadania participará na realización dun proxecto de sensibilización
ambiental a través das actividades artesanais no Eume. Un proxecto que
enlaza os recursos naturais coas actividades artesanais e a oferta
turística, e que conta coa colaboración da Asociación de Artesáns do Eume.
Este proxecto é promovido polo Concello de As Pontes e encádrase dentro
das axudas que a Xunta de Galicia ten en materia de conservación dos
recursos naturais e o fomento de accións para o desenvolvemento
sustentable dos espazos naturais protexidos.
Cidadania entra en CIMAS <http://redcimas.org>
O Observatorio Internacional de Ciudadanía y Medio Ambiente Sostenible
(CIMAS) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como cometido
principal o deseño e aplicación de procesos de participación social no
ámbito do desenvolvemento local e social e que sexan ambientalmente
sostibles. Esta asociación é a principal rede de colaboración dos
profesionais de España neste campo de actividade.
Desde novembro de 2011, Cidadania entra a formar parte desta entidade
cos obxectivos, entre outros, de desenvolver liñas de colaboración coas
entidades, institucións e profesionais que participan no Observatorio, e
fomentar o debate sobre as formulas para a dinamización de procesos de
participación.
Web <http://www.cidadania.coop> | Blog
<http://cidadania.blogaliza.org> | Facebook
<http://facebook.com/cidadania.coop> | Youtube
<http://youtube.com/cidadaniacoop> | GitHub
<http://github.com/cidadania> | enviar a un amigo
<mailto:?subject=Recomendado&body=Recom%E9ndoche+a+cooperativa+cidadania.+http://cidadania.coop>
*Cidadania S. Coop. Galega*
Corredoira das Fraguas, 5, 1º Esq.
Santiago de Compostela (A Coruña)
cidadania(a)cidadania.coop <mailto:cidadania@cidadania.coop>
www.cidadania.coop <http://www.cidadania.coop>
darse de baixa do boletin <mailto:boletin-leave@info.cidadania.coop> |
preferencias da suscrición
<https://info.cidadania.coop/cgi-bin/mailman/listinfo/boletin>